Entradas

Comarcal de bádminton

Imagen
Estamos a celebrar as fases comarcais de bádminton. Este ano, celebrámolo en tres xuntanzas, infantil, cadete e alevín, para darlle a máxima participación ao alumnado da agrupación. O martes 3 e xoves 5 de marzo, celebramos as fases infantil e cadete coa participación dos seguintes colexios: - Colexio de Maside - Colexio Vila do Arenteiro de Carballiño - IES Chamoso Lamas de Carballiño - IES Nº 1 de Carballiño - Colexio de Cea O xoves 12 de marzo será o turno dos alevíns. Aquí, algunhas fotos dos eventos.

Campeonato comarcal de campo a través. Puzo do Lago 2020

Imagen
O xoves 23 de xaneiro, celebrouse no Puzo do Lago, como ven sendo habitual o campionato comarcal de campo a través na que se deron cita mais de 600 atletas, sendo coma sempra a actividade mais multitudinaria das que organizamos. Éxito de participantes e tamén de resultados, tendo carreiras moi disputadas. Estes atletas clasificábanse para o campionato provincial de campo a través que se celebrará en Monterrei o sábado día 1 de febreiro. Galería de imaxes Resultados: Resultados 2020

FASE PREVIA CAMPO A TRAVÉS 2019

Imagen
COMEZO DO CROSS!!!!          O mércores 4 de decembro deu comezo o campo a través na zona do Arenteiro. Con un magnífico día, máis de 500 alumnos e alumnas da zona reuníronse no Puzo do Lago de Maside. Aquí os enlaces as fotos: Galería 1   Galería 2   Galería 3 Aquí os resultados: RESULTADOS